Friday, December 21

Amarelo

Era un barbeiro de sábado que amaba os libros que non entendía e gustaba de lelos todos enteiros.
Unha vez topeino coa testa pousada nas mans, ó xeito dun pensador, e díxome:
–Estou profundando.
E dende entón, para min, hai homes que "profundan".


(e, dende logo, tamén mulleres)